Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 56

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2000 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro privado Valle Inclán II de Ferrol (A Coruña).

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro privado Valle Inclán II, sito na rúa Cuntis, 48-50, de Ferrol (A Coruña); iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto oitavo.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16 do Decreto 133/1995 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro privado Valle Inclán II de Ferrol (A Coruña), do que os seus datos se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o

recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Código do centro: 15022978.

Denominación específica: Valle Inclán II.

Titular: Colegio Valle Inclán, S.L.