Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 56

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de decembro de 2000 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Nuestra Señora de la Merced de Ourense.

Examinado o expediente incoado polo centro privado Nuestra Señora de la Merced de Ourense, no que se solicita o cesamento de actividades.

Resultando que o dito centro privado obtivo, por Orde do 23 de xuño de 1982, autorización para unha unidade de preescolar.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado Nuestra Señora de la Merced de Ourense, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Ourense

Código do centro: 32015591.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Remedios, nº 62.

Denominación: Nuestra Señora de la Merced.

Titular: Mercedes Pérez Pérez.

Autorización do cesamento de actividades do centro.