Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 46

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación de servicios de logopedia na área sanitaria da provincia de Lugo.

1. Entidade adxudicadora. Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Orzamentos; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato. A contratación de servicios de logopedia na área sanitaria da provincia de Lugo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo anual previsto de seis millóns vinteoito mil pesetas (6.028.000 pesetas), 36.233,82 euros.

Ano 2001: 1.452.000 pesetas (8.726,70 euros).

Ano 2002: 1.488.300 pesetas (8.944,86 euros).

Ano 2003: 1.525.500 pesetas (9.168,44 euros).

Ano 2004: 1.563.000 pesetas (9.393,82 euros).

5. Fianzas e garantías. Non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica. Acredítanse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación. Os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións. As proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores. Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións. A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que o finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios. Os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos