Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 46

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-40-IV/76, conta 75).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de novembro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Mª Dolores Pallas Gantes e herdeiros.

Expediente C-40-IV/76 (Desafiuzamento F.P. 85/2000).

Conta 75.

Polígono de Elviña 2ª fase, bloque 16, P-1, 5º B (A Coruña).

Importe débeda: 2.208.116 pesetas.