Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 47

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO-3/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a división do polígono POL-D8 en dous polígonos o POL-D8.01.A e

o POL-D8.01.B, dentro da mesma área de reparto ARP D8.01.

Segundo.-Expoñer ó público por prazo de 20 días, anunciándose así no DOG, taboleiro de anuncios do concello e periódicos de maior difusión.

Terceiro.-Notificarlles ós propietarios afectados que son os incluídos en ámbolos dous polígonos.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avda. da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación aboaraos o seu promotor.

A Coruña, 18 de decembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo