Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 42

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 27 novembro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de concentración de Monte de San Mamede da Pena, San Martiño de Broño, Monte de Santo Estevo de Landeira e os sitios de Chamuscallos e Penoucha (Negreira-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte de San Mamede da Pena, San Martiño de Broño, Monte de Santo Estevo de Landeira e os sitios de Chamuscallos e Penoucha (Negreira-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto nº 373/1994, do 2 de decembro (DOG nº 242, do 19 de decembro) e resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, de data 21 de setembro de 2000, de ampliación de perímetro ós terreos correspondentes ó monte de Santo Estevo de Landeira e os paraxes de Chamuscallos e Penoucha, que se anuncia que os traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, darán comezo o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia e prolongarase por un período de quince días hábiles, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírense os propietarios, alugados e parceiros e en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do indicado prazo, presenten ó persoal encargado dos meritados traballos, os títulos en que funden o seus dereitos e declaren en todo caso os gravames ou situacións xurídicas que afecten os seus predios ou dereitos.

Requírese tamén a cantos actualmente utilizan augas públicas, para que indiquen na leira ou leiras que regan cone estas, así como se está inscrito ó aproveitamento en augas de Galicia ó seu favor ou o doutra persoa, ou noutro caso, data desde a que veñen utilizando as augas publicas, por si ou polos seus causantes, acompañando en todo caso, as probas que acrediten estas situacións.

Advírteselles ós propietarios das leiras que non aparecesen neste período, que estas serán consideradas como de descoñecidos e daráselles o destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, igualmente advírtese que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que se deriven da dita falsidade ou omisión.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Monte de San Mamede da Pena, San Martiño de Broño, Monte de Santo Estevo de Landeira e os lugares de Chamuscallos e Penoucha da parroquia de San Vicente de Aro, do Concello de Negreira, polo tanto, os propietarios delas deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña