Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 42

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/99-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Iberdrola Diversificación, S.A.

Domicilio social: Iparraguirre, 6-12, 48009 Bilbao.

Denominación: liña a 132 kV parque eólico Serra do Burgo.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Características técnicas: liña aérea a 132 kV de 4.568 m en circuíto simple e conductor LA-180 sobre

apoios metálicos, coa orixe na subestación hidroeléctrica do parque eólico de Serra do Burgo e remate na subestación hidroeléctrica de San Cristovo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense