Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 39

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO-250, tramo Redondela-Pazos de Borbén, clave: N/PO/97.15, termos municipais de Redondela y Pazos de Borbén.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 22 de setembro de 1999, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: estrada PO-250, treito: Redondela-Pazos de Borbén, clave: N/PO/97.15, termos municipais de Redondela e Pazos de Borbén, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 2 de xuño de 2000, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 153/2000, publicado no DOG nº 121, do 22 de xuño.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de

bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Redondela:

Día: 5 de febreiro de 2001.

Horario: 9 a 14 h.

De: predio 1 ó 50.

Día: 6 de febreiro de 2001.

Horario: 9 a 14 h.

De: predio 51 ó 100.

Casa do Concello de Pazos de Borbén:

Día: 7 de febreiro de 2001.

Horario: 9 a 14 h.

De: predio 1 a 70.

Día: 8 de febreiro de 2001.

Horario: 9 a 14 h.

De: predio 71 ó 141.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostas nos concellos de Redondela e Pazos de Borbén e no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, r/ Padre Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 20 de decembro de 2000.

Fausto Núñez Villar

Enxeñeiro xefe de Estradas de Pontevedra