Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 38

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7057; XG-431, Vilalba-Balsa-Viveiro, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1942; XG-150, Vilalba-A Ponte da Balsa, con anexos e V-7003; XG-377, A Ponte da Balsa-Viveiro.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 27 de setembro de 2000 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á

empresa La Montañesa de Cuesta, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7057; XG-431, Vilalba-Balsa-Viveiro, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1942; XG-150, Vilalba-A Ponte da Balsa, con anexos, e V-7003; XG-377, A Ponte da Balsa-Viveiro, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Vilalba, Vilate, O Cotelo, O Sisto, O Adro, A Corredoira, Pedrouzo, Moreda, Lagoa, Vilaragonte, Mirón, O Regueiriño, Carballotorto, Balsa, O Aborbó, San Brais, O Viveiró, Pico, O Candeal, O Cristo, Vilariño, Vilabuín, O Carme, Santa Mariña, Os Rubeiras, Chavín, O Naseiro, Landrove e Viveiro.

* Vilate, Ramil, O Rego, Pontenova e O Sisto.

* Lagoa, Veiga, Valado, Pasarelle, A Retorta e Regueiro.

* Valado, Laxoso, Candaído, A Ermida, Sanxillao, Campomaior, Bouzas, Sar, Pedras, Lameirós, Tarrío, Goiriz, Cendán e Vilalba.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Santa Mariña e Viveiro, puntos intermedios e viceversa.

* De Goiriz para Vilalba e viceversa.

* De Vilalba para Viveiro e viceversa.

3. Expedicións.

Vilalba-Vilate-O Cotelo-O Sisto-Lagoa-Vilaragonte-O Regueiro-Cendán-Viveiro (58 km).

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

O Regueiriño-Lagoa-Valado-Lagoa-O Sisto-O Cotelo-Vilate-Vilalba (19,1 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Vilalba-Vilate-Ramil-O Sisto-Lagoa-Valado (19,1 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilalba-Vilate-O Cotelo-O Sisto-Lagoa-Valado-O Regueiriño (17,8 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Valado-Goiriz-Vilalba (22,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,50 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,235 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,575 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes