Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 38

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0302; XG-013, Lugo-Rioxoán-O Cádavo, con anexos, por substitución da concesión V-0302; XG-013, Fonteo-Martín-Lugo por Mosteiro.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 28 de setembro de 2000, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autocares Trigo, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0302; XG-013, Lugo-Rioxoán-O Cádavo, con anexos, por substitución da concesión V-0302; XG-013, Fonteo-Martín-Lugo por Mosteiro, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Lugo, Rozas, Mondriz, Ludrio, Fraialde, Lea, Cirio, Rois, Mosteiro, Caraño, Rioxoán, Valonga, Milleirós, A Muíña, Retizós, A Braña, Millares, Fonteo, Librán e O Cádavo.

* A Muíña, O Real e Martín.

* Rioxoán, Penamazada e Meira.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Penamazada e Meira, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre os puntos intermedios situados no tramo Ludrio-Lugo, e viceversa. Ludrio e Lugo quedan excluídos da prohibición de tráfico.

3. Expedicións.

Fonteo-A Muíña-Rioxoán-Mosteiro-Ludrio-Lugo (45 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Unha expedición de volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

-Unha expedición de volta de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de volta os venres laborables.

Lugo-Ludrio-Mosteiro-Rioxoán-A Muíña-Fonteo (45 km).

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

Lugo-Ludrio-Mosteiro-Rioxoán (34 km).

-Unha expedición de ida de luns a xoves laborables.

Martín-O Real-A Muíña (5 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Unha expedición de volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

-Unha expedición de volta de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os domingos coincidentes coa feira de Meira (un de cada dous).

Rioxoán-Meira (4 km).

-Unha expedición de ida e volta os domingos coincidentes coa feira en Meira (un de cada dous).

Fonteo-A Muíña-Rioxoán (11 km).

-Unha expedición de ida e volta os domingos coincidentes coa feira en Meira (un de cada dous).

O Cádavo-Librán-Fonteo (6 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Unha expedición de volta os venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 14,3523 pesetas.

-Tarifa usuario: 15,3570 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 2,1528 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes