Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 37

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1158; XG-068, San Clodio-Quiroga-Seoane do Courel, por substitución da concesión V-1158; XG-068, San Clodio-Seoane do Courel.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 10 de outubro de 2000 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a Severo Rodríguez Blanco, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1158; XG-068, San Clodio-Quiroga-Seoane do Courel, por substitución da concesión V-1158; XG-068, San Clodio-Seoane do Courel, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* San Clodio, Quiroga, Pacios, San Vitorio, A Ermida, Campodola, Leixazós, Alto do Boi, Vidallón, Santa Eufemia, Folgoso, Ferreiros, Ferrería Vella, Ferrería Nova e Seoane do Courel.

2. Expedicións.

Seoane do Courel-Quiroga-San Clodio (37,6 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,799 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,555 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6198 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes