Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 36

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1132; XG-065, Monforte de Lemos-Bóveda-A Ferrería-Meiraos, con anexos, por substitución da concesión V-1132; XG-065, A Ferrería do Incio-Monforte de Lemos, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 17 de outubro de 2000 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Pérez López, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1132; XG-065, Monforte de Lemos-Bóveda-A Ferrería-Meiraos, con anexos, por substitución da concesión V-1132; XG-065, A Ferrería do Incio-Monforte de Lemos, con anexo, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Monforte de Lemos, Ribas Altas, O Escouredo, A Áspera, Ver, Bóveda, Rubián, Pacio do Río Mazaira, Tuimil, A Barxa, Laiosa, Covo, Novelín, O Incio, O Hospital, Trascastro, A Ferrería, A Airela, A Raxoá, A Casela, Cruzamento Cortes, Parada, Gamiz, Santalla, A Ponte de San Xoán de Lóuzara,

Vila do Castro, Santo Sidro, Praducelo, Bustofrío, Pedrafita, Paderne, Miraz, Vilasibil e Meiraos.

* Cruzamento Cortes, Cortes, Lousadela, Seceda e Sobredo.

* Laiosa, Canedo, Freituxe, Guntín e Bóveda.

* Pacio do Río, Noceda, Barbaín, Vila de Mouros, Rubián de Cima, Pousada, A Cervela e Fruxil.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Vila de Mouros e Monforte de Lemos, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

Meiraos-Cruzamento Cortes-A Ferrería-O Incio-Laiosa-Pacio do Río-Bóveda-Monforte de Lemos (65,3 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Parada-Cruzamento Cortes-A Ferrería-O Incio-Laiosa-Pacio do Río-Bóveda-Monforte de Lemos (44,1 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes, mércores e xoves laborales.

Sobredo-cruzamento Cortes (16,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e vernes laborables.

O Incio-Laiosa-Pacio do Río-Bóveda-Monforte de Lemos (28,3 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables.

Laiosa-Canedo-Bóveda-Monforte de Lemos.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Fruxil-Pacio do Río-Laiosa-O Incio (20,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,3302 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,0533 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5495 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes