Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 36

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz de Asma, con anexo, por substitución da concesión V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz de Asma.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 19 de outubro de 2000, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a María del Socorro Ledo García, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz de Asma, con anexo, por substitución da concesión V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz de Asma, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Chantada, Merlán, A Santa Rosa, Fondo de Vila, San Miguel, Soilán, A Pena do Couto e San Fiz de Asma.

* A Pena do Couto, Costoira e Meixide Grande.

2. Expedicións.

Meixide Grande-A Pena do Couto-San Fiz de Asma-A Pena do Couto-Chantada (15,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes cando coincidan en sábado ou domingo.

Fonde de Vila-Chantada (6,8 km).

-Unha expedición de ida e volta os días 5 e 21 de cada mes.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,7854 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,5404 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6178 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes