Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 35

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7011; XG-385, Monforte de Lemos-Arxemil, con anexos, por substitución da concesión V-7011; XG-385, Rosende-Monforte de Lemos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 17 de outubro de 2000 resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Pérez López, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7011; XG-385, Monforte de Lemos-Arxemil, con anexos, por substitución da concesión V-7011; XG-385, Rosende-Monforte de Lemos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Monforte de Lemos, Distriz, Mañente, Empalme C-544/LU-603, Vilamelle, O Mato, Canaval, Moradela, Moreda, Vilaescura, Rosende, Lama de Campos, Portizó, Anllo e Arxemil.

* O Mato, Siós, Espasantes, A Panfolía, Cangas, Acedre e Budián.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Empalme C-546/LU-603 e Monforte de Lemos, puntos intermedios e viceversa.

* De Arxemil para Monforte de Lemos e viceversa.

3. Expedicións.

Arxemil-O Mato-Monforte de Lemos (21,8 km).

-Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

Budián-O Mato-Monforte de Lemos (19,9 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,712 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,462 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6068 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes