Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 40

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/270-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento en estrada provincial.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 212 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente a Alcampo, alimentando en bucle ó c. de seccionamento proxectado na estrada provincial, do concello de Vigo, rematando na mesma liña. Centro de seccionamento con tres celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra