Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 33

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (396/2000).

Carmen Amelia Goma García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña e o seu partido,

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria co nº 00396/2000, por instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, representado polo letrado da Xunta de Galicia, contra María Teresa Martínez Vázquez, nos que por resolución do día da data se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e polo termo de vinte días, o seguinte predio propiedade da dita debedora:

Para o acto do remate, que terá lugar no próximo día 1 de febreiro de 2001 ás 10 horas da mañá, na sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Monforte s/n, edificio novos xulgados, desta capital, rexerán as seguintes condicións:

Primeira.-Servirá de tipo para a poxa o de 4.214.000 pesetas, pactado na escritura de constitución da hipoteca, e non se admitirá ningunha oferta que sexa inferior ó dito tipo.

Segunda.-Os que desexen tomar parte na poxa deberán ser persoas que reúnan os requisitos establecidos no Decreto 98/1992, do 26 de marzo, sobre adxudicación de vivendas de promoción pública, que basicamente son: acreditar uns ingresos ponderados anuais totais ou inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional, «residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no municipio onde estean situadas as vivendas», «carecer de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario, ou atoparse nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 10,1.3 do referido decreto. E ademais consignar previamente neste xulgado ou no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos ó 20% do tipo dela, e aceptar expresamente as obrigas consignadas na regra 8ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, e, se non as acepta, no lle será admitida a proposición.

Terceira.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da citada lei están de manifesto na secretaría deste xulgado.

Cuarta.-Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación.

Quinta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, de existiren, ó credito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sexta.-As ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a unha terceira persoa.

Septima.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito

en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación ou acompañando o xustificante de tela feito no establecimento destinado para o efecto, e no dito escrito constará a aceptación expresa das obrigas consignadas na regra 8ª do citado artigo 131, non sendo admitidos no caso contrario.

Para o caso de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda, igualmente por vinte días, o día 1 de marzo de 2001 ás 10 horas da mañá, na sala da audiencia deste xulgado, con rebaixa do tipo da poxa nun 25%, persistindo o resto das condicións.

E para o suposto de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase, tamén por termo de vinte días, para a realización da terceira, o día 3 de abril de 2001 ás 10 horas da mañá, no mesmo lugar que as anteriores, con iguais condicións, pero sen suxeición a tipo, e debendo consignarse o 20% da cantidade sinalada para a segunda. Para o caso de que non fose posible entende-la dilixencia de notificación de anteriores sinalamentos a hipotecante/s debedor/es expresado/s no domicilio que consta vixente, sirva o presente edicto de notificación a tales fins, así como de non poder realizarse causa legal a poxa nas datas sinaladas, entenderase sinaladas para a mesma hora e lugar do día inmediato seguinte hábil.

A Coruña, 1 de decembro de 2000.

Rubricado