Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 33

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (31/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 31/2000 se acordou citar a José Carlos García Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 10 de xaneiro, ás 11.35 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir ó xuízo de faltas sinalado para ese día e hora, prevíndoo de que de non facelo recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Carlos García Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 2000.

O secretario

Rubricado