Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1º Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de Calo Galanas, S.L. comprensivo dun terreo situado nas Galanas-Calo, de 1607,23 m, de superficie neta, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2º Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 10 de novembro de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde