Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo 05.10 Salgueiro (Candeán) (expediente 4576/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de outubro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestima-la alegación presentada por Asunción Rodríguez Fernández, e estimar parcial

mente a formulada por Rodrigo Costas Duarte, en representación da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán, durante o período de información pública do procedemento, polos motivos e nos termos que se sinalan na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo 05.10 Salgueiro (Candeán) (expediente 4576/411), segundo a documentación corrixida á vista das alegacións formuladas no período de exposición pública do expediente e das obxeccións feitas pola Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con ocasión do seu preceptivo informe previo á aprobación definitiva, redactado polos arquitectos Inmaculada Garcés Navarro, Lidia Mabel Pacho Domínguez e Juan Luis Piñeiro Ferradás.

Terceiro.-Notifica-lo presente acordo a tódolos alegantes e propietarios na forma prevista no artigo 58 e seguintes da LRXAP-PAC, e proceder á publicación do planeamento aprobado nos termos do artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con remisión dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do plan aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia conforme o disposto no número 3 do citado artigo».

De conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o planeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas de aplicación.

Contra o devandito acordo, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ó abeiro do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 23 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo