Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación na sesión do día 30 de novembro de 2000 aprobou inicialmente a modi

ficación puntual das determinacións do vixente Plan xeral de ordenación urbana (PXOU), aplicables ó aparcadoiro previsto baixo a rasante do patio do colexio La Salle.

A Comisión de Goberno na sesión do día 4 de decembro de 2000 aprobou inicialmente a modificación puntual das determinacións do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), no ámbito do citado aparcadoiro (parcela dotacional EM-10, unidade de intervención número 2).

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2000.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo