O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 18 de decembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o Plan Parcial do Sector A-3 da zona A das Normas Subsidiarias de Planeamento de San Cibrao das Viñas (Ourense), por iniciativa de Vicente Novoa González e outros.
O expediente sométese a información pública, polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.
San Cibrao das Viñas, 20 de decembro de 2000.
Elisa Nogueria Méndez
Alcalde