Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

ANUNCIO de contratación por concurso aberto dos traballos de consultoría e asistencia para redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e realización de cartografía.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pazos de Borbén.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición:

* Redacción de Plan Xeral de Ordenación Municipal.

* Realización de cartografía á escala 1/2000 en tódolos núcleos de poboación.

Estes traballos realizaranse seguindo as directrices indicadas nos correspondentes pregos de precricións técnicas.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: punto 2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.160.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 223.200 pesetas.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Pazos de Borbén.

b) Domicilio: Pazos nº 1. 36841 Pazos de Borbén.

c) Teléfono: 986 49 70 35.

d) Telefax: 986 49 71 46.

e) Data límite de obtención de documentación: ata o día que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se precisa.

b) Outros requisitos: acreditación de solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes á última publicación do anuncio da licitación no BOP ou DOG (última publicación).

b) Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a sábado, de 9 a 14 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

c) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Pazos de Borbén.

b) Data: ás 12 horas do día hábil seguinte, excepto sábado, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

b) Modelo de proposición: axustarase ó establecido no prego.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométese a información pública durante o prazo de 8 días hábiles desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, se é o caso, presentar reclamacións.

En ambos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas fosen resoltas.

Pazos de Borbén, 9 de novembro de 2000.

Andrés Iglesias Rodríguez

Alcalde