Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de ampliación da oferta de emprego público para 2000.

De conformidade co establecido no art. 21.1º g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no art. 128 do texto refundido do réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e demais lexislación aplicable, e vista a modificación do cadro de persoal aprobada polo Pleno do Concello o 29 de setembro de 2000, esta alcaldía-presidencia resolve:

Único.-Modifica-la oferta de emprego público para o ano 2000 aprobada por Decreto do 3 de abril de 2000, no sentido da ampliar en catro o número de prazas de administrativo de Administración xeral, grupo C, o que eleva a cinco o número destas prazas, incluídas na mencionada oferta.

Nigrán, 15 de novembro de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde