Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de ampliación da convocatoria de selección de persoal funcionario.

Por Decreto do 19 de xuño de 2000, aprobouse a convocatoria e as bases específicas para cubrir

cinco prazas de administrativo de Administración xeral, grupo C, vacantes no cadro de persoal funcionario do concello, incluídas nas ofertas de emprego para 1996 (tres prazas), 1999 (unha praza) e 2000 (unha praza).

A referida convocatoria, coas bases, foi publicada no BOP do 19-7-2000 e no Diario Oficial de Galicia do 3-8-2000, estando pendente a remisión do correspondente anuncio o Boletín Oficial do Estato.

Por decreto da alcaldía do 14 de novembro de 2000, dictado a raíz do acordo plenario do 29 de setembro de 2000 relativo á modificación do cadro de persoal, amplíase en catro o número de prazas de administrativo de Administración xeral incluídas na oferta de emprego do ano 2000.

Considerando que o proceso selectivo ó que se refiere a convocatoria aprobada polo citado Decreto do 19 de xuño de 2000, aínda non acadou a fase de presentación de instancias, e por razóns de economía procedemental, esta alcaldía presidencia, resolve:

Primeiro.-Ampliar en catro prazas as incluídas na convocatoria aprobada por decreto da alcaldía do 19 de xuño de 2000, co que o número das convocadas pasa a ser de nove.

Segundo.-Publicar esta ampliación no BOP e no Diario Oficial de Galicia e posteriormente remitir o correspondente anuncio ó Boletín Oficial do Estado referido este á totalidade das prazas.

Nigrán, 15 de novembro de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde