Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-83).

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 27 de setembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial Pia de Maianca (SUNP-A-4), consistente na nova redacción da ordenanza 2.5.1 Zona residencial, que afecta ó parágrafo titulado Aliñacións interiores, en Maianca (Oleiros).

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 8 de novembro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta