Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle 1 en San Vicente do Mar (expediente 422/2000).

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión realizada o 27 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle 1 en San Vicente do Mar, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Paulino Tilve de la Fuente E/R de Promotilve, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio a notificación a aqueles propietarios descoñecidos de terreos afectados ou que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 23 de novembro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde