Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: autorización de uso especial de vías públicas urbanas para explotación dun tren turístico. Lugar de execución: O Grove. Prazo de duración: catro (4) anos, prorrogable, de forma expresa, anualmente, ata un máximo de dous (2) anos.

3. Tramitación: ordinaria, procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Canon de explotación: mínimo cincocentas mil (500.000) pesetas (3005,06 euros) anuais, e 25 percorridos/ano gratuítos.

5. Garantías: provisional: cento vintecinco mil (125.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove; praza do Corgo 1, (36980) O Grove (Pontevedra). Teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: xustificación de que a finalidade ou actividade do licitador ten relación directa co obxecto do contrato e que dispón de organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución.

8. Presentación de ofertas: durante vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas.

Documentación: a establecida na cláusula 8 do prego de condicións.

Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 1º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas.

10. Outras informacións: as que figuran no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Graove, 21 de novembro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde