Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do concello do Grove.

Lugar de execución: O Grove.

Prazo de execución: 20 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 20.500.000 pesetas (123.207,48 euros).

5. Garantías: provisional: 410.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, prza. do Corgo 1 (36980), O Grove (Pontevedra). Tfno./fax: 986 73 13 58.

Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: segundo cláusula 2.2.1 do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas: durante 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia das 9 ás 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 2.2.5 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 5º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 21 de novembro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde