Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-10/2000).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por ISOMAN, S.A., para a área de reparto AR-F10.02 Avda. da Sardiñeira 1.

Segundo: proceder á publicación preceptiva no DOG e no BOP.

Terceiro: comunica-lo acordo ó concelleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, cumprindo o establecido no artigo 48 da LSG.

Cuarto: notificar este acordo a ISOMAN, S.L., poñéndolle en coñecemento que Renfe no trámite de información pública do estudio de detalle compareceu manifestando ter terreos dentro do ámbito, polo que na fase de xestión deberá acreditar e xustificar que concorren os requisitos establecidos no artigo 157 en relación ó 173 do Regulamento de xestión urbanística, para ser considerado propietario único.

Quinto: notificar este acordo a Renfe-Xerencia de Patrimonio.

Sexto: que os técnicos municipais procederon a informa-la procedencia da transmisión do aproveitamento urbanístico que corresponda ó concello na área de reparto, se é o caso, se determine o prezo segundo valor urbanístico, correspondendo na fase de xestión adopta-lo correspondente acordo».

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 20 de decembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo