A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 10 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para o alargamento da vía prolongación da travesía Fogar Calvo Sotelo, redactado de oficio polos técnicos municipais.
O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
A Coruña, 16 de novembro de 2000.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo