Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-2/2000).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal,

relativa ó cambio de uso de parcelas dotacionais en Los Rosales.

Segundo.-Proceder á publicación do acordo no BOP e no DOG, de conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997.

Terceiro.-Comunicarlle ó acordo o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando cumprimento ó establecido no artigo 48.3º da disposición anteriormente citada.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 15 de novembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo