Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de novembro de 2000, en virtude da delegación da Alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto e urbanización da prolongación da rúa Observatorio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados, e para presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 24 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado