Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/174-2, 5520 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Teixeiro.

Situación: Riotorto.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 348 m de lonxitude a C.T. de Teixeiro. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z. de 16 m de lonxitude con orixe no apoio 1 L.M.T. a Teixeiro e remate no C.T. de colexio. C.T. intemperie de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. prefabricado de colexio de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 780 m de lonxitude aérea en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo