Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/175-2, 5521 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: centro de reparto Oirán.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: centro de reparto no que conflúen as seguintes liñas a 20 kV telemando. Oirán-Tronceda-S.T. Mondoñedo. Oirán-C.R. Fazouro. Oirán-C.T. Fortunato.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo