Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/173-2, 5519 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Chao e Riobarba.

Situación: O Vicedo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a centro de transformación intemperie de Chao a 20 kV en conductor LA-56 de 354 m de lonxitude con orixe na L.M.T. Viveiro-C.T. Vilasuso e remate no C.T.I. de Chao. C.T.I. de Chao de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 700 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo