Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 15 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-240/2000 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideronn ser notificadas no último

domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-240/2000 por infracción en mateia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo, no prazo dun mes a partir do día da notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que coida pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso, procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-240/2000.

Inculpado: Averías a Domicilio 24 h., S.L.

Enderezo: Luis Quintáns Goyanes, 8, P-1, 1ºA, Matogrande, A Coruña.

Sanción e motivos, (50.000 pesetas): incumprimento D.139/1999, do 7 de maio.

Data de resolución: 20-9-2000.

A Coruña, 15 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña