Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña), promovido pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, de 13 do setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña), promovido pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental