Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de material xeral de aseo e limpeza, de papel e de contedores (C.P. 18, 19 e 20/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7º, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta Terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso público de subministracións sucesivas (tramitación anticipada).

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos a subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de material xeral de aseo e limpeza. C.P. 18/2001.

Orzamento total: 46.682.300 pesetas, 280.566,28 euros.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os proveedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 6 lotes.

Lote nº 1: esponxa xabonosa.

Lote nº 2: xabón desinfectante 500 cc.

Lote nº 3: xabón líquido 1 litro.

Lote nº 4: xabón lavamáns.

Lote nº 5: cueiro infantil.

Lote nº 6: cueiro adulto.

d) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: número de referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de aseo e limpeza. Papel. C.P. 19/2001.

Orzamento total: 60.527.500 pesetas, 363.777,60 euros.

e) Indicacións relativas á posibilidade de que os proveedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 5 lotes.

Lote nº 1: panos de papel (caixa).

Lote nº 2: papel padiola 60 cm (rolo).

Lote nº 3: papel toalla industrial (bobina).

Lote nº 4: papel toalla tipo mecha.

Lote nº 5: servilletas de papel (b/100).

f) Natureza e cantidade dos productos a subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de aseo e limpeza. Contedores. C.P. 20/2001.

Orzamento total: 48.671.600 pesetas, 292.522,20 euros.

g) Indicacións relativas á posibilidade de que os proveedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 4 lotes.

Lote nº 1: contedor plástico 2l.

Lote nº 2: contedor plástico 4l.

Lote nº 3: contedor plástico 7l.

Lote nº 4: contedor plástico amarelo e azul.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 18 de xaneiro de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 25 de xaneiro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba

reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mantela sua oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2000.

17. Data de envío do anuncio: 20 de decembro de 2000.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

Na Coruña, 12 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña