Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/172-2, 5518 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Castelo.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 216 m de lonxitude con orixe na L.M.T. ó C.T.C. Castelo e remate no P-2 desta. L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 416 m de lonxitude con orixe no P-2 L.M.T. ó C.T.C. de Castelo e remate no C.T.I. A Igrexa. L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 18 m de lonxitude con orixe na L.M.T Espiñeira-Burela e remate no C.T.I. O Eixo. C.T. de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Reforma C.T. de Castelo de 250 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón de 2.840 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo