Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/171-2, 5517 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: centro de reparto Meilán.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: centro de reparto de confluencia das seguintes liñas a 20 kV: S.T. Lamas de Prado-Meilán 2, S.T. Conde-Meilán 1, S.T. Conde-Meilán 2, S.T. Ceao-Rábade 1, S.T. Ceao-Rábade 2, S.T. Lamas de Prado-Meilán 1, C.R. Meilán-C.T. Vallestrada. Centro de transformación de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo