Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/103-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. avda. Universidad, 2.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 440 m en conductor R.H.V. 12/20 kV, derivada desde a arqueta na r/ de Zamora para empalmar coa L.M.T. procedente do C.T. finca Sevilla e remata na cela de liña do C.T. Araújo, pasando polo C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V na planta baixa do nº 2 da r/ Universidade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de novembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense