Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 16.951

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 291/2000, do 15 de decembro, polo que se dispón a substitución dun representante do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a baixa de Manuel Fernández Areal como membro do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Goberno e a súa substitución por Luis Ortiz Torres, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte do novo membro designado de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola

Lei 11/1998, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Designar como membro do Consello Social da Universidade de Vigo a Luis Ortíz Torres en representación da Xunta de Goberno.

Esta persoa substitúe, polo mesmo concepto, a Manuel Fernández Areal, que cesa como membro do Consello Social da Universidade de Vigo, e ó que lle agradecémo-los servicios prestados.

Artigo 2º

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

1) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade.

Julio Taboada Pérez, xerente da universidade.

Luis Espada Recarey, membro da Xunta de Goberno.

José M. Cid Fernández, membro da Xunta de Goberno.

Luis Ortíz Torres, membro da Xunta de Goberno.

José Tojo Suárez, membro da Xunta de Goberno.

Juan Carlos Carpintero Sánchez, membro da Xunta de Goberno.

Gonzalo Marino González, membro da Xunta de Goberno.

Luis Pérez Gómez, membro da Xunta de Goberno.

2) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Manuel Bermúdez Couso

Julio Bernardo Estévez Fernández

Enrique Magdalena Vila

José Bernardo López Abadín

Antonio Pol González

Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego

Designados pola Xunta de Galicia:

Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

Fernando Conde Montero-Ríos

Ernesto Baltar Feijóo

Alberto Iglesias Díaz

Amador Vázquez Vázquez

Designados polos sindicatos:

Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Guillermo Alonso Jáudenes

Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposicións derradeiras

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria