Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 16.946

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de decembro de 2000, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se regula a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas no procedemento de presentación de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional, a través da Internet.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que ten por obxecto establece-las bases do réxime xurídico, o sistema de responsabilidade e o procedemento administrativo común de tódalas administracións públicas, introduce a informatización como elemento de apoio no procedemento, establecendo no seu artigo 45 un mandato de carácter programático coa finalidade de que por parte das administracións públicas se impulse o emprego e aplicación das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da súa actividade e no exercicio das súas competencias.

Así mesmo, recoñécelles ós cidadáns a facultade de relacionarse coas diferentes administracións públicas e a que exerzan os seus dereitos ante elas, utilizando a técnica e medios electrónicos, informáticos e telemáticos, e outorgándolles ós documentos e copias así realizados validez e eficacia, sempre que se cumpran os requisitos previstos na lei e se garanta a autenticidade, integridade, conservación e, se é o caso, a recepción polo interesado; así como o resto de garantías esixidas pola lei e por outras que resulten de aplicación.

Unha vez promulgada a lei, desde o ano 1992, a Xunta de Galicia comezou un camiño de modernización e axilización da Administración, que permita realiza-las súas actividades, non só baixo uns principios de seguridade, senón tamén de acordo cuns principios de eficacia, eficiencia e garantía na súa aplicación. Ó inicio do camiño da modernización administrativa, observouse inmediatamente a necesidade de utiliza-lo soporte informático e o tratamento automatizado da información, así como de abri-la posibilidade da comunicación telemática para proporcionar unha dinámica e flexibilidade ás comunicacións entre as partes, para o exercicio das funcións, actividades e actuacións de tódolos órganos administrativos. A partir desa data foise xeralizando o uso dos medios informáticos no ámbito da Administración autonómica para a xestión dos asuntos da súa competencia e produciuse un crecemento expoñencial dos procedementos que se tramitan na súa totalidade a través de medios informáticos, incluíndo

a relación cos administrados.

Por outra parte, no artigo 81 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais administrativas e de orde social, e o Real decreto 1290/1999, do 23 de xullo, que o desenvolve, facúltase a Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda para a prestación dos servicios técnicos e administrativos necesarios para garanti-la seguridade, validez e eficacia da emisión e recepción de comunicacións e documentos a través de técnicas e medios informáticos, electrónicos e telemáticos que produzan os órganos:

-Administración xeral do Estado.

-As persoas físicas e xurídicas.

-Comunidades autónomas, entidades locais e as entidades de dereito público dependentes ou vinculadas a estas, cando se formalizasen os correspondentes convenios ou acordos coa Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Con base nisto, a Comunidade Autónoma de Galicia formalizou para estes efectos o correspondente convenio de colaboración coa Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda con data do 16 de febreiro de 1998.

Con base en todo o anteriormente exposto, resulta ineludible seguir avanzando no campo xurídico da regulación da utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas, determinantes para a modernización da Administración pública galega, co fin de que esta poida dar resposta ós retos que os estados modernos teñen formulados para a prestación dos servicios públicos ós cidadáns.

Un claro exemplo de administración electrónica represéntao a posibilidade de tramitar a través da Internet a presentación de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional, a regulación do cal vén establecida na Orde do 16 de decembro de 1987 (BOE 311, do 29 de decembro), co fin de facilitar e mellora-lo traballo ás áreas de seguridade e hixiene no traballo dependentes da Dirección Xeral de Relacións Laborais, en canto á axilización nas relacións externas e internas e a calidade na súa aplicación.

En consecuencia, disponse o seguinte:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación do sistema de presentación telemática de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional.

A presentación telemática, prevista na presente orde, será de aplicación ó seguinte procedemento administrativo:

CódigoDenominación

XI 826A Tramitación de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Poderanse presenta-los seguintes tipos de partes de accidente de traballo:

-Parte de accidente de traballo con baixa.

-Relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica.

-Parte de enfermidade profesional.

Artigo 2º.-Condicións xerais para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional.

Un.-Carácter da presentación.

As entidades xestoras ou colaboradoras e empresas autorizadas que deban realiza-la presentación dos partes de accidente de traballo e enfermidade profesional ós que se refire a presente orde, poderán, á súa elección, efectua-la citada presentación en impreso ou por vía telemática. De efectuarse a presentación en impreso, serán de aplicación as normas de presentación das ditas comunicacións actualmente en vigor.

Dous.-Requirimentos para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional.

A presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional estará suxeita ás seguintes condicións:

1º O presentador deberá ser unha persoa física que pertenza a unha entidade xestora ou colaboradora ou a unha empresa autorizada, o que acreditará ante a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos co correspondente certificado expedido pola Tesourería da Seguridade Social.

2º O presentador deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos a representación que desempeña para a presentación telemática de partes de accidente e enfermidade profesional ante a autoridade laboral. Esta circunstancia poderase acreditar mediante:

-Poder notarial ou

-Documento (anexo I) asinado por un apoderado que acredite o solicitante do certificado dixital para a presentación dos partes. Neste último caso presentarase o poder notarial do apoderado que asina a acreditación.

3º O presentador deberá posuír unha tarxeta intelixente persoal (certificado X.509.V3) expedida pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (en diante FNMT). A solicitude da tarxeta intelixente persoal poderá realizarse ante a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública de acordo co establecido no anexo II desta orde.

Así mesmo, os que opten por esta modalidade de presentación de partes deberán ter en conta as normas técnicas que se requiren para poder efectua-la citada presentación e que se recollen no anexo III.

Tres.-Presentación de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional con deficiencias de tipo formal.

Para a presentación dos partes de accidentes de traballo e enfermidade profesional será preceptiva a cobertura de tódolos epígrafes. Naqueles casos en que se detecten anomalías de tipo formal na formalización dos partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional poranse en coñecemento do presentador polo propio sistema, mediante as correspondentes mensaxes de erro, para que proceda á súa emenda.

Artigo 3º.-Procedemento para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional.

Para a presentación telemática de partes habilitaranse dous procedementos alternativos. Un que permite a presentación mediante o envío de ficheiros e un segundo procedemento que permite a introducción directa de partes individualmente a través das pantallas habilitadas para o efecto.

A) Procedemento para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional mediante o envío de ficheiros.

Un.-O presentador xerará un ficheiro por cada tipo de parte que debe comunicar á autoridade laboral, coa estructura definida no anexo IV que conteña os datos dos partes de accidente de traballo con baixa, relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica e partes de enfermidade profesional.

Dous.-O titular da tarxeta conectarase vía Internet á web da Xunta de Galicia, http://www.xunta.es, na páxina habilitada para a presentación dos partes e identificarase introducindo a tarxeta intelixente. O sistema validará a clave de acceso que deberá introduci-lo presentador e comprobará que se trata dunha persoa con permisos para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional.

Tres.-O presentador deberá confirma-la transmisión do ficheiro/s. Desta forma, realizarase a carga da información no sistema de tramitación da Xunta de Galicia gardándose copia asinada polo titular da tarxeta dos datos remitidos.

Catro.-Realizarase unha anotación no rexistro de entrada para cada un dos partes presentados. Esa anotación terá validez para efectos do previsto no parágrafo 2º do artigo 4 da Orde do 16 de decembro de 1987, pola que se establecen modelos para a notificación de accidentes de traballo e se dictan instruccións para a súa formalización e tramitación.

Cinco.-Xerarase información dos expedientes iniciados, así como das posibles deficiencias ou erros producidos durante o proceso de presentación. Esta información poderá ser consultada polo presentador.

B) Procedemento para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional mediante a introducción dos datos na pantalla habilitada para tal efecto.

Un.-O titular da tarxeta conectarase vía Internet á web da Xunta de Galicia, http://www.xunta.es, na páxina habilitada para a presentación dos partes e identificarase introducindo a tarxeta intelixente. O sistema validará a clave de acceso que deberá introduci-lo presentador e comprobará que se trata dunha persoa con permisos para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e de enfermidade profesional.

Dous.-Seleccionarase o tipo de parte que se vai presentar e o sistema mostrará a pantalla de captura de información habilitada para recolle-los datos que se deben introducir.

Tres.Realizarase unha anotación no rexistro de entrada para cada un dos partes presentados. Esa anotación terá validez para efectos do previsto no parágrafo 2º do artigo 4 da Orde do 16 de decembro de 1987, pola que se establecen modelos para a notificación de accidentes de traballo e se dictan instruccións para a súa formalización e tramitación.

Catro.-O sistema realizará as comprobacións oportunas dos datos introducidos, mostrando ó presentador os erros producidos ou o número de expediente asignado se se completa o proceso.

Artigo 4º.-Prazo de presentación telemática de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Para a presentación dos partes de accidente de traballo e enfermidade profesional por vía telemática, serán de aplicación os prazos que estableza a norma en vigor para a presentación impresa.

Disposición adicional

Primeira.-Validez das tarxetas intelixentes expedidas pola FNMT.

As tarxetas expedidas pola FNMT serán válidas para efectos da presentación telemática de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional de acordo coas normas en vigor dictadas pola FNMT.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Jaime Pita VarelaAntonio Pillado Montero

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Públicae Relacións Laborais

ANEXO I

Documento que acredita a representación para a presentación telemática de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional ante a Xunta de Galicia.

D./Dª... con NIF..., con domicilio en..., número..., localidade..., código postal... provincia... como (1)... de (2)... en virtude de poder notarial (3) outorgado o día... ante o notario de... D..., co número de pro

tocolo... inscrito no Rexistro Mercantil de... no tomo..., folio..., folla nº..., inscrición...

Acredito a

D./Dª... con NIF..., con domicilio en..., número..., localidade..., código postal... provincia... como (4)... de (5)...

Para que en nome de... presente telematicamente os partes de accidente de traballo e enfermidade profesional ante a Xunta de Galicia utilizando certificados dixitais da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e os sistemas informáticos que a Xunta de Galicia dispoña para tal efecto.

Esta acreditación terá validez mentres esta non se revogue ante a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Xunta de Galicia.

..., ... de... de....

Sinatura do titular do certificado

Sinatura do apoderado que o acredita

(1) (4) Cargo que ocupa

(2) (5) Nome da empresa

(3) Xúntase copia da escritura do poder notarial

ANEXO II

Condicións de utilización dos sistemas electrónicos, informáticos e telemáticos para a obtención de certificados expedidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

Aspectos xerais.

1. A Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública procederá a tramita-la solicitude de rexistro para o acceso a servicios de certificación a tódolos interesados que acepten as presentes condicións de utilización, así como as condicións de utilización dos sistemas electrónicos, informáticos e telemáticos para a obtención de certificados clase 1 CA que vai expedi-la Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda que figuran na solicitude de rexistro.

2. Os solicitantes de certificados deberán ser persoas físicas, maiores de idade e en posesión dun NIF. Tratándose de estranxeiros, o número de identificación de estranxeiros, o do seu pasaporte ou o da súa tarxeta de residencia. Estes solicitantes deberán actuar en nome propio.

3. A expedición de certificados e a anotación no rexistro correspondente pola FNMT-CM outorgarállas ós interesados a condición de titulares dos sistemas de comunicación a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos.

Características dos certificados.

O certificado a expedir pola FNMT-RCM baséase, en canto ó seu formato, na versión 3 da recomendación X.509 do ITU-T (International Telecomuni

cations Union-Telecomunication). Este certificado contén, entre outros, os seguintes campos:

a) Datos de identificación do signatario: nome, apelidos e NIF.

b) Número de serie do certificado.

c) Data de concesión do certificado.

d) Data de expiración do certificado.

e) Clave pública do titular do certificado.

f) Sinatura electrónica da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

Este conxunto de datos, xunto coa clave privada almacenada no soporte do certificado (tarxeta), permite garantir que, utilizados para funcións de obtención de sinaturas electrónicas e cifrado, as comunicacións realízanse con autenticidade, confidencialidade, integridade e non repudio en orixe das mensaxes intercambiadas.

5. A emisión e sinatura do certificado de identidade do signatario será realizado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, coa seguinte formulación: FNMT Clase 1 CA.

Documentación que hai que presentar.

O interesado deberá comparecer provisto do DNI na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública para o seu rexistro ante as persoas autorizadas pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

ANEXO III

Normas técnicas de presentación telemática de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Os presentadores que opten por esta modalidade de comunicación de partes deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1º Requisitos de software para realiza-lo envío:

O equipo informático do presentador deberá ter instalado algún dos seguintes navegadores sobre as plataformas de sistemas operativos que se indican:

-Navegador Netscape Navigator, versións 4.01, 4.04, 4.05, 4.07, 4.08, 4.5 e 4.7, que actúe sobre os sistemas operativos Microsoft Windows 95/98 ou Microsoft Windows NT 4.0.

-Navegador Microsoft Internet Explorer, versións 3.02, 4.0, 4.01 e 5.0, que actúe sobre os sistemas operativos Microsoft Windows 95/98 ou Microsoft Windows NT 4.0.

Software de criptografía e sinatura dixital proporcionado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda no momento de expedición da tarxeta.

2º Requirimentos hardware mínimos:

-Un ordenador compatible PC con procesador Intel 486 ou compatible.

-16 MB de memoria RAM.

-34 MB libres en disco duro para as aplicacións.

-8 MB libres no directorio Windows, para arquivos de sistema.

-Monitor con resolución de 800 por 600, con alomenos 256 cores.

-Un porto serie libre de tipo macho de 9 pins, ou conector femia de 9 ou 25 pins con adaptador.

-Un conector de tipo PS/2.

-Un lector de tarxetas.

-Conexión a Internet, con acceso a través dos portos 389 e 709

Durante o proceso de transmisión desencadearanse as seguintes secuencias que serán posibles sempre que o equipo informático do transmisor cumpra os requisitos descritos anteriormente e a configuración do navegador permita a execución de Javascript, applets de Java, cookies e, ademais, que se concedan as autorizacións que se soliciten:

-Autenticación dos equipos do presentador e do receptor dos partes de accidentes de traballo e enfermidade profesional que se conectan mediante a utilización de certificados de usuario e de servidor, respectivamente, nos dous extremos, seguindo os estándares establecidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, como órgano de certificación, e incluídos nos certificados e software proporcionados por este organismo.

-Cifrado da información que se transmita en ámbolos sentidos cunha clave simétrica xerada para a sesión.

ANEXO IV

Tramitación electrónica de partes de accidente de traballo e enfermidade profesional a través da Internet mediante o envío de ficheiros.

Para a presentación dos partes de accidente de traballo a través de Internet mediante o envío de ficheiros xerarase un ficheiro por cada tipo de parte co formato que se especifica en cada caso e o nome que se indica a continuación:

Tipo de parteNome do ficheiro

Parte de accidentes con baixaCon baixa.txt

Relación de accidentes de traballo

ocorridos sen baixa médica

Sen baixa.txt

Parte de enfermidade profesionalE profesional.txt

Utilizarase como delimitador entre os campos o carácter «|». En cada un dos ficheiros tódalas liñas terán o mesmo número de separadores.

Cada un dos ficheiros validarase on-line na propia páxina Web antes de ser enviado á Xunta de Galicia. As liñas que non se axusten gravaranse nun ficheiro e indicarase no último campo o motivo do rexeitamento. A función de validación xerará un ficheiro

para cada tipo de parte co nome que se indica a continuación:

Tipo de parteNome do ficheiro de erros

Parte de accidentes con baixaab .txt.err

Relación de accidentes de traballo

ocorridos sen baixa médica

as .txt.err

Parte de enfermidade profesionalep .txt.err

A función de validación comprobará que tódolos campos están cubertos e se axustan ó formato especificado.

O campo «código de provincia que tramitará o parte» terá o valor correspondente á provincia do centro de traballo do traballador.

Os códigos de provincia e municipio deben ter formato INE.

Formato do fecheiro para a presentación telemática de partes de accidente de traballo con baixa.

Nº de campoDescrición

1Entidades xestoras ou colaboradoras e empresas autorizadas

2Código de provincia que tramitará o parte

3Tipo de DNI

4DNI do traballador

5NSS do traballador

6Tipo parte

7Nome do traballador

8Primeiro apelido do traballador

9Segundo apelido do traballador

10Data de nacemento do traballador

11Sexo do traballador

12Domicilio do traballador

13Provincia do traballador

14Municipio do traballador

15Teléfono do traballador

16Data de ingreso na empresa

17Número de libro de matrícula

18Grupo de cotización á SS

19Ocupación

20Antigüidade

21Tipo de contrato

22Prima: División

23Epígrafe

24Réxime da Seguridade Social

25Convenio/ordenanza

26CIF ou NIF da empresa

27Número de SS da empresa

28Nome ou razón social

29Enderezo da empresa

30Teléfono da empresa

31Provincia da empresa

32Municipio da empresa

33Cadro de persoal

34Número de SS do centro

35Enderezo do centro

Nº de campoDescrición

36Provincia do centro de traballo

37Municipio do centro

38Teléfono do centro

39Nº documento asociación

40Actividade económica do centro

41Data do accidente

42¿Traballo habitual?

43Lugar accidente

44Provincia do accidente

45Municipio do accidente

46Outro lugar

47Data baixa médica

48Hora de traballo

49Hora do día

50Día da semana

51Descrición do accidente

52Testemuña

53Forma na que se produce

54Aparato ou axente causante

55Descrición da lesión

56Grao da lesión

57Parte do corpo lesionada

58Tipo de establecemento de asistencia

59Base de cotización mensual no mes anterior

60Base de cotización mensual (Días cotizados)

61Base de cotización anual (Por horas extras)

62Base de cotización anual (Outros conceptos)

Formato do ficheiro para a presentación telemática de partes de accidente de traballo con baixa.

Nº de campoDescrición

1Entidades xestoras ou colaboradoras e empresas autorizadas

2Código de provincia que tramitará o parte

3Mes do parte

4Ano do parte

5CIF ou NIF da empresa

6Número de SS da empresa

7Nome ou razón social

8Cadro de persoal

9Número de SS do centro

10Provincia do centro

11Actividade económica do centro

12NSS do traballador

13Primeiro apelido do traballador

14Segundo apelido do traballador

15Nome do traballador

16Sexo do traballador

17Data do accidente

18Forma do accidente

Formato do ficheiro para a presentación telemática de partes de enfermidade profesional.

Nº de campoDescrición

1Entidades xestoras ou colaboradoras e empresas autorizadas

2Código de provincia que tramitará o parte

3Tipo de DNI

4DNI do traballador

5NSS do traballador

6Data do diagnóstico

7¿Causou baixa?

8Nº de documento asociado

9Nº de libro de rexistro

10Primeiro apelido do traballador

11Segundo apelido do traballador

12Nome do traballador

13Número de libro

14Data de ingreso na empresa

15Sexo do traballador

16Estado civil

17Data de nacemento do traballador

18Oficio

19 Categoría profesional

20Número de horas

21Tempo no posto de traballo

22Domicilio do traballador

23Provincia do traballador

24Municipio do traballador

25Convenio/ordenanza

26Lugar de nacemento

27Traballo que realizaba no momento do diagnóstico

28Traballo que realizaba anteriormente

29Número de SS da empresa

30Nome ou razón social

31Cadro de persoal

32Actividade da empresa

33Enderezo da empresa

34Teléfono da empresa

35Provincia da empresa

36Municipio da empresa

37Localización

38Teléfono do centro

39Provincia do centro de traballo

40Municipio do centro de traballo

41Razón social empresa 1

42Razón social empresa 2

43Razón social empresa 3

44Enderezo empresa 1

45Enderezo empresa 2

46Enderezo empresa 3

47Data de alta en empresa 1

48Data de alta en empresa 2

49Data de alta en empresa 3

Nº de campoDescrición

50Data de baixa en empresa 1

51Data de baixa en empresa 2

52Data de baixa en empresa 3

53Actividade económica empresa 1

54Actividade económica empresa 2

55Actividade económica empresa 3

56Tipo de parte

57Clase de enfermidade

58Descrición do traballo causante da enfermidade

59Tempo exposto ó risco

60¿Ten cartilla?

61Data recoñecemento previo

62Data recoñecemento último

63Diagnóstico

64Descrición da enfermidade

65Grao da enfermidade

66Carácter do diagnóstico