Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO.

O avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Brión, que foi coñecido polo Concello Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 14 de decembro de 2000, exponse ó público, en cumprimento do artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no DOG para que as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Brión, 18 de decembro de 2000.

José Luis García García

Alcalde