Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de urbanización.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado dous de decembro, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Domingo Casás Sánchez para a rúa de subida ó Castro en Cariño.

Sométese á información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun dos xornais de máxima difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a publicación do presente anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado nos servicios técnicos do concello e formula-las alegacións que se estimen pertinentes.

Cariño, 15 de decembro de 2000.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde