Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación da subministración sucesiva para o servicio de implantación de tarxetas sanitarias de plástico, con banda magnética, personalizadas en anverso e reverso. (S-27/2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar:

CPV: 25250000.

Subministración sucesiva de tarxetas sanitarias.

Cantidade: un millón oitocentas mil (1.800.000).

Orzamento total:

Cento once millóns seiscentas mil pesetas (111.600.000 pesetas), IVE incluído.

670.729,51 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entraga eventualmente imposto: ver punto 7.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1 deste anuncio.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 16 de xaneiro de 2001.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 23 de xaneiro de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático á norte, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: garantía provisional de 2.232.000 pesetas.

9. Modalidades esenciales de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: fraccionado por entregas e para aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avalicación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV ó prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1 deste anuncio.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 23 de setembro de 2000.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 18 de decembro de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicación Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos