Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.910

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (488/1999).

Eu, Rosario Reino Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 488/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Padrón, trinta de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por María de los Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido xudicial, este xuízo de faltas nº 488/1999, por furto, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, que exerceu a acusación pública, como denunciados, Víctor Hugo Pena Andrade e Yago Vázquez Guerrero, dos que constan en actos as circunstancias persoais.

Decido que debo condenar e condeno a Víctor Hugo Pena Andrade e a Yago Vázquez Guerrero, como coautores dunha falta de furto do artigo 623.1º do Código Penal, á pena dun mes de multa a razón de 500 pesetas diarias a cada un, baixo apercibimento de que, se non a satisfixesen voluntariamente ou pola vía de constrinximento, quedarán suxeitos á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, e ó pagamente das custas xudiciais por metade.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados dede a súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Víctor Hugo Pena Andrade, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, vintenove de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado