Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.910

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (197/1999-I).

Eu, María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifico:

Que nos autos que logo se dirán recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

Sentencia.-En Ribeira, 26 de xaneiro de 2000. Beatriz de las Nieves Álvarez Casanova, xuíza do

Xulgado de Primeira Instancia Instrucción número un de Ribeira, viu estes autos de xuízo de faltas 197/1999, por lesións, no que foron partes o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública e, como denunciante, Juan Ramón Gallego Fuente; como denunciado, José Manuel Gómez Rivadulla.

Decido: que debo absolver e absolvo a José Manuel Gómez Rivadulla da falta de lesións pola que se formulou acusación e tivo lugar este xuízo, con declaración de oficio das custas causadas nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes, indicando que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e perante este mesmo xulgado, sendo competente para a súa resolución a Audiencia Provincial da Coruña. Quede testemuño desta resolución nos autos e lévese o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que lle sirva de notificación a José Ramón Gallego Fuente, expido e asino esta cédula.

En Ribeira, 24 de novembro de 2000.

A secretaria

Rubricado