Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.909

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (377/1999).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 377/1999 se acordou citar a Mostakim Maktoub, do que o último domicilio coñecido foi na cidade de Lugo, rúa A Milagrosa número 13-2º, co fin de que o próximo día trinta de xaneiro de dous mil un, ás once e trinta horas compareza ante o Xulgado de Instrucción de Arzúa, sala de vista única, sita na rúa Lugo número 45, co fin de asistir en calidade de denunciante-denunciado á vista do xuízo oral, que terá lugar por lesións en agresión, danos e ameazas.

E para que conste e lle sirva de citación a Mostakim Maktoub, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o 23 de novembro de 2000.

O secretario

Rubricado