Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.878

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva para o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria ó Seminario Menor Diocesano San Pelayo de Tui (Pontevedra).

Examinado o expediente iniciado polo representante do Seminario Menor Diocesano San Pelayo de Tui (Pontevedra), polo que solicita autorización definitiva para o primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; a Orde do 28 de febreiro de 1994 (BOE do 5 de marzo), sobre autorización de centros docentes privados dos seminarios menores diocesanos e de relixión da Igrexa católica; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado, tendo en conta o punto segundo, letra e) da mencionada Orde do 28 de febreiro de 1994.

Esta consellería, cumpridos os trámites regulamentarios e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle a autorización definitiva para imparti-lo primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria ó Seminario Menor Diocesano San Pelayo de Tui (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente

o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Localidade: Tui.

Enderezo: Calvo Sotelo, nº 4.

Denominación do centro: Seminario Menor Diocesano San Pelayo.

Titular: Diocese de Tui-Vigo.

Código: 36009883.

Composición resultante:

Centro de educación secundaria:-2 unidades do 1º ciclo de educación secundaria obrigatoria.